IMG_1849.JPGIMG_9862.JPG

         

Levo máis de 30 anos dedicado ao vidro en distintas vertentes que poderás coñecer na nosa páxina.
Despóis de todo ese tempo de oficio no que o meu entorno máis cercano me axudou a crecer, asomase agora unha nova xeración na miña familia que aporta a frescura necesaria para afrontar os novos retos que esperamos compartir contigo.

Polo Enríquez.

AS NÓSAS CONTAS

Claras e escuras, témolas de moitas cores e todas están feitas con moito cariño, pezas pequeñas pero únicas,
feitas con vidro de xanelas vellas que así viven unha segunda vida fundidas pra sempre con murrinas de Murano.
Atoporalas nas nosas pulseiras, nos coleteiros… pero se te cansas de usalas así, poden ter outras utilidades, pódense montar nos cordóns dos zapatos para personalizalos, en lazos ou adornos para o pelo, broches…

AS PULSEIRAS

Facémolas para ti montando as nosas contas en cintas, resultando combinacións difíciles de repetir porque cada peza da túa pulseira é diferente as demáis.
Podes lavalas con auga fría e xabón neutro, aínda que non é recomendable mollalas todos os días porque a cinta perderá cor e textura. As contas, en cambio, non sofren ningún desgaste cos lavados e poden ter outros usos se as cintas se estropean ou te cansas de levalas.

Historias a través de un cristal, historias que sumamos á nósa. Artesanía de Galicia

Para saber máis, séguenos nas nosas redes sociais!

PORTFOLIO